Saltar ao contido

Norman Mailer

Na Galipedia, a Wikipedia en galego.
Modelo:BiografíaNorman Mailer

(2002, Berlín) Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento(en) Norman Kingsley Mailer Editar o valor en Wikidata
31 de xaneiro de 1923 Editar o valor en Wikidata
Long Branch, Estados Unidos de América (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Morte10 de novembro de 2007 Editar o valor en Wikidata (84 anos)
Nova York, Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Causa da morteinsuficiencia renal Editar o valor en Wikidata
Lugar de sepulturaProvincetown Cemetery (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
ResidenciaNova Jersey
Long Branch (pt) Traducir
Provincetown (pt) Traducir
Brooklyn Editar o valor en Wikidata
RelixiónXudaísmo Editar o valor en Wikidata
EducaciónUniversidade Harvard - enxeñaría aeroespacial (1939–1943)
Boys High School
Universidade de París
Boys and Girls High School (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónxornalista, poeta, dramaturgo, produtor de cinema, historiador, montador, biógrafo, escritor, novelista, actor, ensaísta, director de cinema, guionista, actor de teatro Editar o valor en Wikidata
Membro de
Influencias
Pseudónimo literarioAndreas Wilson Editar o valor en Wikidata
Carreira militar
Rama militarExército dos Estados Unidos de América Editar o valor en Wikidata
Conflitosegunda guerra mundial Editar o valor en Wikidata
Obra
Arquivos en
Outro
CónxuxeNorris Church Mailer (1980–2007)
Carol Stevens (1980–)
Jeanne Campbell (1962–1963)
Adele Morales (1954–1962)
Bea Silverman (1944–)
Beverly Rentz Bentley Editar o valor en Wikidata
FillosDanielle Mailer
 () Adele Morales
Elizabeth Anne Mailer
 () Adele Morales
Susan Mailer
 () Bea Silverman
Kate Mailer
 () Jeanne Campbell
Michael Mailer
 () Beverly Rentz Bentley
Stephen Mailer
 () Beverly Rentz Bentley
Maggie Alexandra Mailer
 () Carol Stevens
John Buffalo Mailer
 () Norris Church Mailer Editar o valor en Wikidata
PaisIsaac Barnett Mailer Editar o valor en Wikidata  e Fanny Schneider Editar o valor en Wikidata
Condenado porasalto Editar o valor en Wikidata
Premios
Sinatura Editar o valor en Wikidata

Descrito pola fonteGrande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Мейлер Норман)
Obálky knih, Editar o valor en Wikidata
IMDB: nm0537551 Allocine: 21689 Rottentomatoes: celebrity/norman_mailer Allmovie: p100807 TCM: 119948 Metacritic: person/norman-mailer TV.com: people/norman-mailer
BNE: XX4578647 Last fm: Norman+Mailer Musicbrainz: 3fe43071-e595-41f7-9567-be3fed5fa3e6 Discogs: 952953 Allmusic: mn0001550757 WikiTree: Mailer-53 Find a Grave: 22800811 Editar o valor en Wikidata

Norman Kingsley Mailer, coñecido como Norman Mailer, nado en Long Branch (Nova Jersey) o 31 de xaneiro de 1923 e finado en Nova York o 10 de novembro de 2007, foi un periodista e escritor estadounidense. Está considerado xunto con Truman Capote o gran innovador do xornalismo literario.

Traxectoria

[editar | editar a fonte]

Naceu nunha familia xudía en Long Branch, criándose en Brooklyn. En 1939 comezou os estudos de enxeñaría aeronáutica na Universidade Harvard. Alí empezou a interesarse pola escritura e publicou o seu primeiro relato ós 18 anos.

Mailer foi recrutado para o exército do seu país durante a segunda guerra mundial, servindo no sur do océano Pacífico. En 1948, xusto antes de entrar na Sorbona en París, escribiu a obra que o fixo internacionalmente famoso: The Naked and the Dead (Os espidos e os mortos) baseada nas súas experiencias persoais durante a guerra. Foi aclamada por moitos como unha das mellores novelas americanas trala guerra e a Modern Library (sección da editorial Random House) calificouna como unha das 100 mellores novelas.

Hollywood e xornalismo político

[editar | editar a fonte]

Durante os anos seguintes, Mailer traballou como guionista en Hollywood. A maior parte dos seus escritos foron refusados por moitas editoriais. Pero a mediados dos cincuenta, fíxose famoso como ensaísta anti-sistema, sendo un dos fundadores de The Village Voice (semanario de Nova York) en 1955. En artigos-reportaxe como "The White Negro: Superficial Reflections on the Hipster" (1956) ou "Advertisements for Myself" (1959), Mailer examinou a violencia, a histeria, o delito e a confusión na sociedade estadounidense.

Boa parte das obras de Mailer, como Armies of the Night, son de natureza política e foron consumidas avidamente por Jim Morrison, servindo de forte inspiración para a súa poesía e para as letras de The Doors.

Froito destes intereses foi a súa consolidación como periodista político coa súa cobertura das Convencións Nacionais de Republicanos e Demócratas nos anos 1960, 1964, 1968, 1972, 1992 e 1996. En 1967 foi arrestado, por pouco tempo, pola súa participación en manifestacións contra a guerra de Vietnam. Dous anos máis tarde, aspirou, sen conseguilo finalmente, á alcadía de Nova York coaligado co columnista Jimmy Breslin (que aspiraba á presidencia do City Council), tendo na súa axenda a secesión da cidade de Nova York co fin de chegar a ser o estado número 51.

En 1980 Mailer apoiou ó asasino condenado Jack Abbott na súa petición da liberdade condicional, que finalmente lle foi concedida. Axudouno ademais a publicar o libro In the Belly of the Beast, unha colección das súas cartas a Mailer nas que trataba das súas experiencias no cárcere. Non obstante, Abbott cometeu un asasinato non moito despois de ser posto en liberdade e foi novamente encarcerado. Mailer foi obxecto dalgunhas críticas polo seu papel na liberación de Abbott, e nunha entrevista de 1992 para o Buffalo News afirmou que a súa implicación con Abbott fora "outro episodio na miña vida no que non podo encontrar nada agradable nin nada do que sentirme orgulloso".

Mailer é tamén un reputado biógrafo. Escribiu biografías de Marilyn Monroe, Pablo Picasso e Lee Harvey Oswald.

Norman Mailer casou seis veces; desde 1980 está casado con Norris Church, e ten nove fillos. En 1960, Mailer apuñalou, de forma menos grave, á súa segunda muller, Adele Morales, cun canivete durante unha festa.

Mailer apareceu en varios documentais, como When We Were Kings sobre o 'combate na xungla' que enfrontou ós boxeadores Muhammad Ali e George Foreman, e Hijacking Catastrophe, sobre os atentados do 11 de setembro e a guerra de Iraq. É mencionado en varias cancións ("Give Peace a Chance" de John Lennon, "A Simple Desultory Philippic (Or How I Was Robert McNamara'd Into Submission)" de Simon and Garfunkel, "Are You Ready To Be Heartbroken" de Lloyd Cole, "Santa Monica" de Savage Garden ou "Get By" de Talib Kweli. O grupo de rock galés Manic Street Preachers menciónao xunto a Sylvia Plath, Henry Miller e Harold Pinter na súa canción "Faster", e a banda de art-pop australiana TISM menciónao xunto a Dylan Thomas e Jackson Pollock na canción "Genius is different". É tamén mencionado na película futurista e satírica de Woody Allen O durmiñón (1973), na que Allen di a un científico que "Este é un retrato de Norman Mailer. Legou o seu ego á Facultade de Medicina de Harvard".

Últimos anos

[editar | editar a fonte]

En 2005 Mailer fixo unha actuación especial no programa da WB Gilmore Girls. O episodio, titulado "Norman Mailer, I'm Pregnant", presentou ó autor nunha entrevista no Dragonfly Inn, un lugar propiedade do principal protagonista, Lorelai Gilmore. O entrevistador foi o seu fillo, o actor Stephen Mailer. Desde maio dese ano, contribuía cun blog no The Huffington Post. Falaba do seu comunismo e de que nos Estados Unidos o fascismo xamais usaría ese nome, pero que non estaba moi lonxe de instaurarse a tódolos efectos.

Escribiu o seu último libro, The Big Empty, en colaboración co seu fillo John Buffalo Mailer.

Viviu os seus últimos anos en Provincetown, Massachusetts. Morreu en Nova York o 10 de novembro de 2007 a consecuencia dunha insuficiencia renal, con 84 anos.

Autor de 39 libros, entre eles 11 novelas, foi galardoado co Premio Nacional do Libro e dúas veces co Premio Pulitzer.

  • O negro branco (1958)
  • Miami e o sitio de Chicago (1968)
  • The armies of the night, (1967) (Os exércitos da noite) (Premio Pulitzer en 1968)
  • Un lume na lua (1971)
  • O prisioneiro do sexo (1971)
  • Noites da antigüidade (1983)
  • Beyond the Law (Máis alá da lei)
  • Wild 90 (Salvaxe 90)

Biografías

[editar | editar a fonte]
  • Marilyn

Véxase tamén

[editar | editar a fonte]

Bibliografía

[editar | editar a fonte]

Ligazóns externas

[editar | editar a fonte]